5 mar 2010

Uxio Novoneira,Protagonista nas Letras Galegas 2010



O plenario da Real Academia Galega decidiu dedicar o 17 de maio próximo, Día dás Letras Galegas 2010, ao poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).




Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.

A súa terra natal "O Courel" foi un referente físico dos seus versos.





Novas verbas de door, de Os Eidos



" PECHOUSE a noite riba do ucedo

i eu non vin einda a cor da miña amiga.

Agora é cando ún treme e ten medo.



ISTE desacougo! Este cousa! Esta mao xorda que tira!

Iste querer irse sin saber para onde!



AGORA o meu cor é unha chaga encendida.

Unha mao loba anda escalazándome a ferida.



ESTA door que se oi!

Iste cor meu!

Esta door que me veo ela de seu

Sin saber polo que foi!



FOI coma se caira nunha cova.

Antes era noite i era día

Agora é todo unha negrura loba. "

No hay comentarios:

Publicar un comentario