5 mar 2010

"DECLARACIÓN PATÉTICA" De Carmen Castejón Cabeceira "A Decepción píntase"




Estou soa e noméoche.

As miñas voces derrúbanse

por desgaste de sílabas

nun prego próximo

renacentista en fusas

onde ás veces evítome.



Non che vivo distante.

¿Para que o eufemismo?

Non hai combate capaz

de lograr o triunfo

con visibles maiúsculas

que me ofrece o teu acceso.



Non se como dicirche

que este impulso poético

- grítao como queiras -

sen pretensión regulada

rubrica os meus desexos

de lembrarche sempre.



Non quero preguntarme

sobre o vento que chega

si o seu sabor a triste

é que non voltas esta noite de celos,

de estrañeza sensible.



Freconto a lumieira

onde hai un drama tráxico:

o teu rostro consagrado

no cristal que agarda

pois non amence dentro.



Tan lonxe e tan nunca.

E tan talvez mañá

abrazando ditongos.

Mordéndome os beizos

rilará a túa herba

descendida no leito

no cal xazgo amante.









Ámoche si.

Unha confirmación

da cor que dubidabas.

Unha musculatura

toda tracción en fuste.

Agora hai uns brazos

sabedores de tempo.



Ámoche , é o meu deber

despois de molestarche

con estes sinvivires.

Só espero que volvas para poder crermo

e ser toda saliva.



Non sabes que navego

sufocando gaivotas

nos meus lindes escuros.

As sabas inquietas

non concilian o soño

por exceso de acoso.



Desde que o te fuches

xa non espero estacións.

Que me importa a choiva

ou as flores cambiantes,

si xa non teño tempos?

Comícheste as miñas horas.



Este ser vertebrado

non sabía de amores

nin do risco de cheirarche.

E agora padecendo

de ruptura lingüística

morro por usarche

atormentada en pel.



Volve para as miñas fames,

para os meus ollos,

para as miñas mans,

para a miña boca,

Volve porque me sofre

o espazo de corpo

a embocadura mesma ,

que só abrigas ti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario