8 mar 2010

O CONTRATO ,YOLANDA CASTAÑO




Cubriron con exactitude o impreso en vixencia inexcusable,

encheron puntuais os ocos baleiros con nomes completos,

[enderezos e datas precisas de nacemento.

Cumprimentaron os estrictos documentos mediante pólizas determinadas,

certificados de pedra e facturas de floristerías.

Riscaron as cuadrículas burócratas da forma máis sensual

[que puideron atopar naquel bolígrafo.

Non lembro xa cánto papel de estado empregaron na escritura de ingreso ni cántas

sinaturas ensaiadas.

Logo fixeron con tino a

inscripción legal gozosa no

rexistro

e antes de que vencera o prazo foron acordar a

cota mensual de beixos.



Non se esqueza

que se amaron dende as nove corenta e cinco do vintenove de maio

até as sete e tres minutos

dun catorce de setembro.

1 comentario: